A ollada do Gran Irmán

ojo.jpgÉ de xustiza recoñecer a valentía do goberno eumés. Contra prexuizos e críticas arcaicas atreveuse a reivindicar o uso de cámaras de vixiancia para frear os actos vandálicos no casco histórico de Pontedeume. Que ninguén pense mal, non se refire o alcalde ao vandalismo daqueles que deixan esnaquizar os edificios históricos da vila. Non. Referiase aos pequenos vándalos que escacharran o mobiliario urbano ou escaparates do selecto comercio eumés.

Inmunes ás críticas do que  pregonan a chegada do Gran Irmán, dos que se rasgan as vestiduras pola perda de privacidade, o alcalde e os seus concelleiros pensan instalar cámaras polas rúas para que os bárbaros urbanos desistan de romper todo o que se cruce no seu camiño. Ademais xa se sabe, o mentor do concepto de Gran Irmán foi un impenitente trosquista británico que mesmo chegou a combatir contra o exército franquista.

Pero non nos perdamos en disquisicións históricas. O uso de cámaras de vixiancia ten máis beneficios que o mero feito de evitar o vandalismo. Nalgunhas cidades europeas potenciouse a figura do “mirón”. Empresas que xestionan as dichosas cámaras, en contubernio coas autoridades, emiten as imaxes por internet para que todo aquel que queira observar aos seus veciños poida facelo á vez que se convirte nun celoso cancerbeiro da democracia.  Tamén aquí sería posible imitar o exemplo: o concello podería gratificar  cunha cantidade a todo aquel que descubra un acto ilegal cometido nas rúas da cidade.

Coas multas aos infractores pagariase aos “miróns”. Dende cen euros por unha mexada ata os cincocentos pola rotura dun escaparate. Todo se pode taxar. Ademais os honrados veciños que velan pola seguridade dos demais poderían conseguir un diñeiro extra se descubren algunha que outra infidelidade, hábito este enmarcado noutro tipo de delincuencia: a inmoralidade

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s