Torre Iglesias, brillante comunicador e promotor

Accedendo á páxina da Xunta de Galiza podemos enteirarnos da traxectoria deste eumés que algún día será fillo predilecto de Pontedeume.  Recoñecida a súa valía polos responsables autonómicos fóille concedida a medalla de prata no ano 2003 pola labor desenvolvida a través das ondas como brillante comunicador, en palabras de Manuel Fraga.

Daquela non se prevía o futuro deste eumés recentemente despedido da televisión estatal por  “suxerir” ás empresas publicitarias un canon para el á marxe da contratación oficial con TVE.

Entre as numerosas actividades exercidas por Torre Iglesias (quizais Torreiglesias) todas elas vencelladas ao mundo da comunicación hai que engadir a de promotor inmobiliario con base en Pontedeume, a terra que o víu crecer e medrar.  Non é descartable que nun futuro inmediato o seu curriculo engrose unha nova medalla, a de ouro de Galiza.

Méritos non lle faltan. Os que seguimos a actualidade inmobiliaria no concello de Pontedeume acabamos de coñecer que o presentador que mellor sabe vivir é un moderno promotor que valora a arquitectura moderna. Fiel a esta concepción acomete a rehabilitación do castro de Nogueirosa con adosados típicos do século XXI en contraposición aos arcaicos e improdutivos restos arqueolóxicos.

Homes como el son os que necesita Pontedeume para engancharse á locomotora de alta velocidade do progreso.

 


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s