Outro tipo de pandemias

esquela.jpgEstes días falouse en Pontedeume da repentina morte dun médico que exerceu na nosa vila. Non era a primeira vez que este coñecido e apreciado doutor morría. De feito hai poucos anos  o galeno xa pasara a mellor vida. Afortunadamente segue vivo e goza de boa saúde na súa terra onde disfruta da xubilación.
Resulta curioso que a un home que traballaba pola saúde dos eumeses sexa a veciñanza da vila a que o sacrifique. Sería doado recorrer á psicanálise para entender esa insistencia en poñer fóra de circulación ao doutor pero un paciente mal diagnosticado e resentido non fai lexión. Temos que asumir que é un problema colectivo e consecuentemente diagnosticar o mal social que en Pontedeume toma visos de pandemia.
Vivimos baixo a sombra húmida de Breamo e iso fosiblemente fai de nós uns habitantes inhóspitos con tendencias ao aburrimento e destrutivos. Factores estes que se noutros lugares se traducen en elevados índices de suicidios aquí, pragmáticos que somos, lévannos a eliminar aos demais. E chegado o caso, mellor que sexa un forasteiro pois aínda somos máis chovinistas que o narcisista Chauvin.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s