Os roubos no mercado municipal

mercado-municipal.jpgNo último ano producíronse catro roubos nas instalacións que os placeiros teñen no mercado municipal. Máis que unha adicción ao xamón ibérico por parte dos autores do saqueo a causa da insistencia parece estar na facilidade que teñen para entrar no recinto municipal. O desgaste deste edificio, ao que a rehabilitación nunca chega, é tal que fai augas por todas partes. As fiestras sen cristais semellan buracos negros que atraen con enorme enerxía aos chourizos. 

Pontedeume ten fama, merecida ou non, de albergar maleantes empeñados en facer dos lugares públicos os seus centros de operacións , dende a casa consistorial ata o máis modesto local municipal. Buracos negros e viláns, vilanchos ou non, forman unha explosiva mestura que pode dar ao traste coa riqueza da vila dos Andrade, precursores e mentores dos chourizos actuais.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s