A feira das vaidades

pergamino.jpgEn xullo por fin teremos en Pontedeume, antiga vila medieval, unha feira que está a facer estragos nas principais vilas galegas. Unha vila con raíces non pode permanecer allea á moda das feiras medievais. Porque a modernidade non está reñida coa tradición e modernas resultan as técnicas de marketing que certas empresas manexan en beneficio propio.
Para entendernos, a feira a promove a asociación de comerciantes de Pontedeume (UCOA) pero os beneficios van para a empresa que trae máis de cen postos que ofrecerán produtos variados aos visitantes. Curioso resulta que sexa a propia UCOA a que potencie o negocio dunha empresa foránea en detrimento do comercio local. Pero esta posible contradicción non o é tanto se repasamos a historia de Pontedeume nos últimos anos (ou séculos).
Iso si, os eumeses teremos que soportar, co estoicismo que caracteriza aos galegos,  unha masiva afluencia de forasteiros, falsos artesáns, bruxas, titiriteiros, peregrinos, mercaderes e señores feudais, aos que hai que ofrecer camerinos, duchas (antigamente non se duchaban), vixiantes privados e aparcadoiros. Todo a conta do Concello de Pontedeume.
E non se esquezan os eumeses de colaborar vestíndose acorde coa época que toca representar. Torrente comprometeuse a disfrazarse de Andrade o Bó, Rei de templario, e Vilariño de goliardo.
E non se esqueza UCOA de solicitar o campo de deportes do instituto Fraga do Eume para aparcadoiro. E se atopan oposición por parte deses funcionarios ociosos que inculcan nocivas ideas na mente dos nosos fillos, ameácenos coa fogueira na praza do conde.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s