As invasións irmandiñas

feriamedievalpontedeume.jpgHoxe desembarcaron nas rúas eumesas unha morea de aldeáns, artesáns, labregos, e panadeiros dispostos a vender as mercadorías na feira medieval que os comerciantes eumeses organizaron. Nada que ver con antaño cando os vasallos dos Andrade viñan  vender o pouco que tiñan. Daquela eran campesiños da comarca e hoxe veñen de toda España baixo a dirección dunha empresa catalana que se adica a reconquistar canta vila ou cidade se deixe facer.

A asistencia masiva (iso esperan os organizadores) fixo necesaria a rehabilitación (xa van dúas veces) do campo de deportes do IES Fraga do Eume como aparcadoiro provisional. (Nun comentario anterior xa adiviñabamos que isto ía suceder). Algún día, dada a teimosía de Alcalde e comerciantes, adquirirá a condición de permanente.

Suponse que algúns comerciantes da vila, sobre todo do sector hostaleiro, terán ingresos extras. Mais os que si venderán serán os irmandiños chegados de Valencia ou Madrid. Os demais, os tendeiros da vila, estarán a velas vir. E que pasa coa veciñanza? Uns estarán ledos por contemplar tanto visitante do que se espera sexa embaixador da nosa vila (Pontedeume sempre vivíu dos forasteiros). Outros, os menos, fartos de tanto ruído, tráfico e demais incomodidades, reivindicarán a volta á vida tranquila das vilas galegas.  Son estes os que cren que as invasións bárbaras de antaño deixan paso ao mercado libre no que as pequenas tendas son sacrificadas en aras da globalización. Outra forma de invasión que conta con quitacolumnistas dentro da propia vila de Pontedeume.

Esquecíame preguntar ao alcalde (supoñendo que lea isto, cousa pouco probable) canto lle costou ao concello a feira medieval.

 

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

5 Responses to As invasións irmandiñas

  1. Unha artesana de Pontedeume di:

    Creo que é un erro organizar unha feira como esta. No seu lugar deberiase facer unha feira de artesans galegos ou da comarca do Eume. Hai profesionais abondo para encher unha exposición deste tipo e ademais dariaselle saída aos que realmente son artesans, potenciando o seu traballo e creando riqueza.
    Se non se fai así é porque, entendo eu, custa máis traballo que encargar a unha empresa allea a organización da feira, pero as cousas ben feitas xa sabemos que son laboriosas e pesadas. Os comerciante seumeses poden reclamar máis visitantes pero se ademais consiguen fomentar a artesanía do lugar, mellor que mellor.
    É unha humilde opinión.

  2. Discrepo tanto do artigo como do comentario da artesá eumesa, posto que nun principio e segundo teño entendido o coste para as arcas do concello será cero xa que tanto a montaxe do evento como tódolos postos que se montan non lle custan nada ao concello, eso si hai que ter en conta que a empresa que monta todo leva de ganancia o que lle cobra aos postos que se montan.
    Por outra banda dicir que se debería de amosar un pouco mais de respeto aos que organizan o evento e levan todo o traballo e cando digo traballo refírome a responsabilidade de que todo saia ben, pero todos sabemos que é mais doado ver os touros dende a barreira e participar na festa como crítico que involucrarse na mesma, así nos vai.
    Referíndome a artesán eumesa dicir que estou contigo en que se debería de amosar o voso traballo, pero pregunto ¿canto lle costaría ao concello montar unha feira como a que tí mentas? xa che contesto eu, moito.

  3. Cabra Loca di:

    Se cadra algúns fidalgos eumeses non disfrutaron da Feira Medieval, como tampouco o fixeron a nobreza intelectual da vila, nin os estamentos militares ou eclesiásticos (si quedan), pero os da plebe ¡disfrutamos de carallo!. E penso que os comerciantes tamén fixeron algo de caixa, e os turistas, ademais de pasalo ben deixaron os poucos denarios de vellón que portaban. Porque foi unha festa para os do vulgo, pailáns, aldeáns e xentes de mal vivir. Por iso coido que os do fusco cabilar buscarían lonxe da vila un recanto cultural lonxe das atronadoras vuvuzelas da “Cabra Loca”. En Pontedeume hay lugar para todo: fagámolo posible. ¿Non é doado, verdade?

  4. gaiteiro di:

    Ó autor do blog : informate ben , ó concello non lle custou nada. NADA . Eso si , como para o ano non hai mundial ,e “non hai que alquilar pantalla” , espero que aporten esa misma partida de diñeiro para o 2º FEIRON MEDIEVAL
    Os hosteleiros venderon , si , pero …solo miraches para os bares ??
    cito : “Outros, os menos, fartos de tanto ruído, tráfico e demais incomodidades, reivindicarán a volta á vida tranquila”
    Segundo ti , se cadra habería que deixar de festexar as peras , breamo , o carmen , carnavales e navidad . En fin …..como di cabra loca ,”os do fusco cabilar buscarían lonxe da vila un recanto cultural lonxe das atronadoras vuvuzelas da “Cabra Loca”.

  5. pepe pérez di:

    Tamén diches en oso, porque nesta vila criticar é de por sí algo malo, pero criticar as festas é pura blasfemia. E anque tardío este comentario non é simplemente mala baba. Penso que para todo hai que valer, incluso para organizar unha festa como ésta, onde o mérito non é -como sería o ideal- a participación popular e a espontaneidade. Esta pareceume unha festa impostada, falsa, onde o mérito -se houbo tal- foi a dunha empresa que se adica á organización deste tipo de eventos.
    Feiras medievais hainas xa a montón, creo que as fan ata en Chicago, vila de rancio abolengo medieval. Hai que exprimirse ben o coco e non caer nos tópicos de sempre. A estas alturas, xa non se pode competir -no plano medieval-con festas como a Feira franca de Pontevedra ou a Festa da Istoria de Allariz. Hai que buscar alternativas. E Pontedeume e moito máis que a vila dos Andrade.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s