Música clásica para que?

Dentro do Festival Via Stellae, que organiza a Xestión del Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo, hoxe en Pontedeume celebrarase un concerto de música clásica a cargo do galego André Cebrián e a francesa Bleuenn Le Friec.
Nin un só cartel dando conta do evento figura nas rúas ou establecementos  de Pontedeume. Denota iso que o  pobo de Pontedeume é alleo a este tipo de concertos? Ou será que os responsables do Concello, moi interesados en montar unha pantalla xigante para contemplar a final do mundial de fútbol, desprecian este tipo de música só demandada por catro tipos raros que presumen de elitistas?
Calquera que sexa a resposta o certo é que o Concello non se toma demasiado interese en propiciar estas actividades consideradas minoritarias. A  proba témola no local habilitado para celebrar o acto. A casa da cultura non reune as mínimas condicións acústicas para escoitar as interpretacións destes dous artistas con renome internacional. Un lugar idóneo sería a igrexa parroquial a falta dun auditorio que Pontedeume demanda insistentemente.
Porque certa cidadanía de Pontedeume entende as excelencias dunha música imperecedeira e culta que sobrepasa a chabacanería e o mal gusto daqueles que se empeñan en dar unha imaxe burda, paleta e ordinaria os eumeses. Teremos que lembrarlles que na nosa vila existe unha escola de música que aglutina a centos de rapaces e rapazas que algún día amosarán unha imaxe máis moderna e culta deste concello. Claro que esta xuventude aínda non ten posibilidade de votar e aí podemos atopar a explicación da escasa atención que lle presta a autoridade  local.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Música clásica para que?

  1. Amadeus di:

    Sentín vergoña allea cando os intérpretes tiveron que renunciar a tocar a última peza porque o ruído da orquestra que neses momentos ía comezar a verbena do Carme fixo imposible continuar co concerto.
    A quen se lle ocorreu organizar o concerto ao lado do palco de música? Quizais quixera descubrir un novo tipo de música fusión clásica-verbeneira

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s