Que queremos as mulleres?

conferencia.jpgCelébrase en Pontedeume un dos cursos de verán que organiza a Universidade de Compostela. O título é “Muller, cambios sociais e novos modelos familiares; unha perspectiva xurídica”.

Entre as ponentes estaba a a secretaria xeral da Igualdade, Marta González Vázquez,que falou sobre a violencia de xénero e, como perspicaz interlocutora , chegou a unha das máis intelixentes conclusións do curso: “A violencia de xénero non afecta só ás mulleres, afecta aos seus fillos e fillas, aos seus pais, irmáns, amigos, en definitiva, ás familias no seu conxunto e a toda a sociedade”

Resolver o dilema de quen son as víctimas da violencia machista, non é dende logo un exercicio de clarividencia; é pura obviedade. As ointes quizais esperaban unha explicación sobre as causas desa violencia machista e unhas alternativas para erradicar estes comportamentos ancorados na nosa sociedade patriarcal.

A ninguén se lle escapa que a incoprporación da muller ao mercado laboral favoreceu unha maior igualdade cos homes, o que significa unha maior liberdade. E precisamente na liberdade conquistada polas mulleres reside a causa principal das agresions machistas.  A práctica totalidade dos crimes contra as mulleres teñen unha raíz común: os celos; a imposibilidade dos homes de aceptar que as mulleres son seres libres capaces de decidir por se mesmas.

Propiciar a integración da muller no mundo laboral non abonda para  extirpar o cancro da violencia. Unha política seria debería  poñer en primeiro termo  a necesidade de inculcar na sociedade os valores de igualdade  e respecto  entre homes e mulleres. Todo o contrario do que diariamente estamos a presenciar nos medios de comunicación, na publicidade ou mesmo nas relacións laborais, viciadas de flagrante desigualdade.

Porén a Secretaría Xeral da Igualdade parece descoñecer o problema e céntrase en axudar ás mulleres a conseguir un traballo sen poñer os recursos para educar ou rexenerar a mentalidade dos homes. Proba disto son as recentes medidas adoptadas polo departamento que dirixe Marta González Vázquez: unha convocatoria de axudas para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, subvencionando ás asociacións de nais e pais para desenvolver actividades extraescolares dirixidas aos seus fillos. Máis traballo para elas, máis actividades para os pequenos e nula formación  contra  a violencia de xénero.

Os fillos seguirán sendo as víctimas colaterais dun xenocidio tolerado polo poder. Aínda que este se vista de muller.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s