Pontedeume desafía á crise: traballo gratis

O colexio público de Andrade, despois de múltiples batallas lideradas polos pais e nais contra o Concello de Pontedeume, xa conseguíu un conserxe. A praza deste traballador(a) forma parte da relación de postos de traballo (RPT) do Concello e polo tanto hai unha partida económica para dotar esta vacante.
No seu afán de aforrar, o alcalde atopou unha solución nunca antes vista. O traballador que exercerá as funcións de conserxe será un dos mozos voluntarios de protección civil. Demóstrase así que as coñecidas oposicións a cubrir ascon_clase_municipal prazas de conserxe nos colexios públicos eran pura pantomima e que os aspirantes non necesitan coñecementos especiais para abrir portas, trasladar mobiliario ou amañar as xanelas.
Pero outra lectura ten esta historia: a capacidade de aforrar a base de ideas inxeniosas. Non axuda a menguar a lista de parados pero consigue engordar as arcas municipais para así poder montar pantallas xigantes, por exemplo, ou organizar feiras medievais tan do gusto dos hostaleiros da vila. Se se consigue ademais privatizar este servizo (ata agora as prazas destes traballadores eran sacadas a concurso público) o Concello (ou conselleiros de turno) poden ampliar o seu patrimonio económico a base de dádivas empresariais.
Sobre as ameazas do concelleiro de Educación nas que se deixaba entrever a elaboración de informes policiais para obrigar aos pais e nais a mandar aos fillos a clase, todo parece unha burda mentira da oposición. O que quería dicir o representante municipal era que, xa postos, o conserxe-protector civil poderia elaborar informes sobre o absentismo escolar para  querellarse contra os insensatos pais dos alumnos.
Os mestres do colexio deberían tomar boa nota do acontecido. Eles poden ser as próximas vítimas.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s