Castigados sen recreo

O comezo do curso escolar en Pontedeume non puido ser máis catastrófico. Déficit de profesores e persoal non docente foi a tónica xeral que causou preocupación na comunidade escolar. Sabemos que a culpa a ten a Consellaría de Educación ao non contratar profesores que custan un pastón, lume.jpgmais o Concello de Pontedeume, igualmente gobernado polo PP, non se libra de parte de responsabilidade. Nas súas competencias está a de contratar un bedel para atender o colexio de Andrade e demandar da Xunta un maior esforzo en investimento escolar.

Que importancia ten a educación e a formación da xuventude nun país? Alemaña sábeo ben e, a pesares da crise económica, aumentou o gasto en Investigación+Desenvolvemento (I+D) convencida de que a economía só pode medrar con formación. España, á cabeza en índice de paro, está pagando as consecuencias da fe que depositou no cemento. Como é de humanos errar dúas veces (e as que fagan falta) o noso país reduce o gasto en educación, exemplo que imita o goberno  galego na nosa comunidade.

Xa postos, se o goberno central e o galego camiñan pola mesma senda, por que non vai facelo o goberno local? Ao alcalde de Pontedeume, carente de sensibilidade polos temas culturais, non parece preocuparlle que os nosos xoves non acaden unha formación adecuada para encarar o futuro. Posiblemente crea que o futuro está no fútbol, por exemplo. Para que un bedel se os mesmos profesores poden abrir as portas?  Para que máis profesores se el estudiou (?) cun só mestre distintas materias e chegou a alcalde do seu pobo?

A mal chamada  clase política (só ten clase aquel que goza de virtudes e non é o caso dos que exercen de  políticos) é consciente da importancia do voto dos seus veciños para seguir manexando ou manipulando os destinos da sociedade. E para iso, cantos máis mellor. Futboleros, festeiros, romeiros…un abano social alegre, despreocupado e non comprometido é o caldo de cultivo para conseguir o desexado. E consecuentemente, mellor unha xuventude inculta que formada.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s