Esmorga versus folga

Que Pontedeume é un lugar onde prolifera esa especie adicta á esmorga sábeo calquera. Que onde haxa unha festa debe quitarse todo o demais é un feito incontestábel.29s.jpg Hoxe, 29 de setembro, hai anunciada unha folga xeral en todo o país. Pero esta convocatoria sindical está condenada a fracasar na nosa vila porque hoxe celébrase a tradicional romaría de S. Miguel de Breamo.
Semellante coincidencia activou as alarmas de eumeses de ben (tamén chamados vilanchos) que non estaban dispostos a que unha reivindicación social e laboral puxese en perigo a celebración dun ofrecemento non se sabe se a S. Miguel ou ao deus Baco. Convencidos da necesidade de actuar e no que cren un alarde de imaxinación crearon un eslogan no que reivindican a romaría de Breamo fronte a folga xeral.
Curiosamente dous diarios locais fanse eco da idea conscientes da importancia de alimentar ese sentimento de parranda entre os eumeses. Estamos en camiño de convertirnos nunha atracción universal. O seguinte paso pode ser conseguir para as nosas festas, botellón incluído, a declaración de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Esmorga versus folga

  1. antón di:

    O problema non é tanto o derechismo endémico desta vila, nin o vilanchismo enfermizo de moitos, nin a cantidade inxente de ociosos, prexubilados ou inactivos pensionados que pululan pola vila sen outra cosa que facer que argallar parvadas coma ésta ou promocionar feiróns medievais, o problema real é a ignorancia coa que moitos encaran a realidade socioeconómica do país, que lles leva a pensar que o feirón, a romería, a festa patronal, a falta doutros estímulos espirituais ou intelectuais, deben ser o eixo das nosas vidas.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s