Eu de herba non entendo…nen quero entender

documento-055s.jpgVaia por diante que non hai cousa que máis me moleste que ter que falar de fútbol. Non me gusta esta actividade mal chamada deporte polo que encumbre tras a súa imaxe: negocios e control de masas.
Un xornal de ampla tirada nacional daba conta onte que o clube de fútbol Barcelona víase na necesidade de dotar ao seu campo xogo cun novo céspede para paliar o deficiente estado do actual. O prezo da operación: 300.000 euros. Como recoñece o propio xornal, barato non foi.
Preguntado o adestrador do clube, Guardiola contestou:”eu de herba non entendo”, evitando así ser centro dunha polémica motivada polo elevado custo da reposición do céspede.
Vese que os xornalistas escandalizados polo gasto do F.C. Barcelona non saben o que acontece en Pontedeume. Como xa criticamos nesta páxina a Deputación da Coruña subvencionou con 300.000 euros á vangardista vila de Pontedeume para dotar ao seu campo de fútbol dun valioso céspede artificial.  Unha cantidade á que hai que engadir 160.000 euros que aporta o ilustrísimo Concello de Pontedeume. Os hinchas eumeses xa poden presumir de estar á altura dos mellores clubes do mundo, polo menos no que a herba se refire. E o alcalde de estar dirixindo un concello que é modelo de innovación, deporte e progreso.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

6 Responses to Eu de herba non entendo…nen quero entender

  1. Corbacho, ministro de traballo di:

    Con 300.000 euros poderiase dar traballo a 25 persoas durante un ano

  2. rojitos de pastel.... di:

    DEMAGOXIA!!:
    Só che falta decir o de “Pan e Circo” que dicides tódolos rojitos de pastel cando falades de fútbol:
    – O Concello de Pontedeume debe ser un dos últimos por riba do estreito de Xibraltar en ter campo de herba artificial.
    – É un ben de uso público para o fomento do Deporte Base. Estou cheo de que os meus nenos volvan de Esteiro cos xeonllos abertos.
    – Cos 300.000 € esos non se pode manter nin á metade dos mangantes que traballades nos Servizos Sociais de Pontedeume.

  3. Fachas populistas di:

    Fachitas de domingo:
    Pasar o tractor e botar semente non creo que coste máis de 2000 euros. O campo do Eume non é un ben público, é privado, e non é de uso total pola poboación de Pontedeume. É dicir, o 99.95% da poboación non o vai a usar nin pode facelo. Por iso creo que é mellor invertir 460.000 en educación, rúas ou calquera cousa de dominio público, e 2000 en botar herba normal, que non o contrario. As demagoxias ímolas deixar para os teus fillos, que chegan cos xeonllos abertos por vontade divina.

  4. antón di:

    pois eu creo que é un despilfarro, ¡para o uso que lle dan!, porque, ¿non sería mellor que puxeran pista de asfalto ou cemento para poder aparcar os domingos? Aquí o que se necesita son aparcamentos e non campos de deporte, para poder ir ao gadis a facer a compar, para aparcar aos nenos un rato, para deixar aos vellos, para aparcar tamén o sentidiño común, a ética, o comportamento cívico, o sentido crítico e outras cousas que nos sobran e que non sabemos que facer con elas. Punto pelota

  5. Messi(as) di:

    A loucura apoderouse do populacho e os caciques, coa pócima envelenada, fan e desfán ao seu antollo. Xa nada volverá a ser o mesmo. O ser humano crese deus por manexar unha esfera que imita ao planeta terra.

  6. minervapik di:

    O campo do Eume pertece o Concello, non sei se vos enteráchedes do cambio nas concesións. O uso que se fara do mesmo alcanzará o clube deportivo Eume que manten uns 200 nenos practicando cada fin de semán, e entrenando de luns a viernes todas las semáns. Eso afecta a máis de 200 familias pois afecta os familiares dos nenos tamén, polo que as túas estadísticas dos beneficios públicos de esa inversión son para botarse a reir. Por outro lado, falar do que costa manter un terreo de xogo en condicións, de herba artificial e poñer esos 2000 euros dos que falas debería facerte sonroxar. O mantenimiento do campo de céspede da Malata por poñerte un exemplo é de máis de 60.000 euros o ano e só vale para xogar un equipo, un partido cada quince días. Mentras que no campo de herba artificial entrenarán unha media de catro equipos todolos días e xogarán outros catro cada semán.
    Deixádebos de tolerías e concentráde a vosa política de confrontación para as eleccións e deixade os nosos nenos disfrutar de algo que merecen coma os demáis.
    Habería que recordarvos cos campos arreglados en ferrol, perlío, caranza, Narón, Val , Neda, Mugardos,etc, pagámolos tamén os eumeses cos nosos impostos.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s