Eu non te espero

papa_non2.jpgAta aquí podiamos chegar. A visita deste excéntrico personaxe custará ás arcas públicas da Xunta a frioleira cifra de 6 millóns de euros, amén dos 6000 policias que velarán pola seguridade dalguén que se di enviado de Deus na terra. Non se comprende que sendo Deus omnipotente abandone ao seu mandatario ás forzas do mal e teñamos que ser os galegos os que protexamos a integridade  do home máis poderoso do planeta terra.

Con esa cantidade millonaria poderiase contratar a 100 investigadores na universidade durante 4 anos; poderiase pagar un salario social a 700 persoas durante un ano; poderianse…tantas cousas e necesarias.

Este todopoderoso cacique que encumbra o despilfarro cunha máscara de cínica caridade faría un gran favor á humanidade se se quedase nos aposentos do Vaticano durante a próxima fin de semana que se prevé fría e chuviosa. Tamén podería pagar do seu peto os gastos destas vacacións pero o seu asesor financieiro debeulle convencer para non tocar o patrimonio divino. O mesmo que pensa a igrexa compostelá que, emulando aos impostos revolucionarios de ETA, non dubidou en reclamar dos hostaleiros e empresarios de Compostela unha aportación para paliar os gastos do sumo caradura e pontífice.

E os galegos, confusos e ao mesmo tempo maravillados, crerán ter gañado o ceo aínda que perdido o peto. Así somos e así estamos.


Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Eu non te espero

  1. Luz Divina di:

    Me cagho en Dios!
    Que se vaia!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s