Pontedeume parado

pontedeumeparo1.jpeg

Hai vilas con encanto e vilas estancadas. Pontedeume parece ter máis de estancada que de encantada. As cifras que cada ano nos amosan a realidade económica son farto preocupantes. No gráfico da esquerda aparece reflectido o crecemento do paro dende o ano 2007 ata  a actualidade. Se hai tres anos había 425 parados, hoxe temos 657. Máis do 50 % de incremento  neste período.

pontedeumeparo.jpegNo segundo dos gráficos podemos apreciar os sectores máis azotados por esta  epidemia social que en Pontedeume xa é pandemia. Se ben estas últimas cifras están referidas a outubro do 2010 pódese apreciar como os sectores da construción e servicios acumulan o maior número de parados. Nada que non soubéramos se temos en conta que Pontedeume sempre vivíu do turismo e da construción. Pero desinflada a burbuxa inmobiliaria e fuxidos os últimos turistas por mor do escaso atractivo do noso casco histórico reducido a cascallos con pedigrí, o presente preséntase pouco halagüeño e o futuro desalentador. Haberá quen culpe aos ecoloxistas da crise por opoñerse ao libre exercicio de construír onde sexa; haberá quen explique a situación nun contexto máis amplo; e haberá quen o considere un castigo divino similar ao sida.Sexa como sexa, Pontedeume está parado ou, peor, en recesión

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s