Mulleres, recheos e candidatos

poderfeminino.jpgAproxímanse as eleccións municipais e as candidaturas dos partidos están elaboradas. A lei obriga a manter nelas unha paridade grazas á cal aparece un número significativo de mulleres candidatas a concelleiras mais non a alcaldesas. E non aspiran a seren alcaldesas porque ningunha figura no primeiro posto das listas. 
Pode ser unha casualidade, pode ser que ningunha das aspirantes aceptase ir de cabeza de lista, pode ser que sorteasen os postos da lista, pode ser que estea asumido polos partidos que os representantes lexítimos en Pontedeume teñan que ser machos. Sexa cal sexa  a verdadeira razón, que os partidos non nos van desvelar, o certo é que a imaxe que se proxecta é a dun sexismo trasnoitado que moitas crimos xa desterrado. Estase a utilizar a figura da muller como un vulgar recheo e o peor é que esas mesmas mulleres aceptan con indiferencia o maltrato social ao que as condenan os seus compañeiros de partido.
Pero non nos alarmemos por isto nimiedade. Pode que só sexa unha manifestación machista dos grupos políticos alienados da sociedade que din representar. Probas abondan neste sentido. Os políticos minten, corrómpense, insultan e teñen ansia de poder. Tamén nisto diferéncianse da maioría de mulleres.
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Mulleres, recheos e candidatos

  1. Alaya di:

    Pode ser que por calquera razón os gobernantes de Pontedeume teñan que ser machos (polo de agora). Noutras vilas xa hai alcaldesas, ainda poucas, pero hainas. A carreira política ben levada non se improvisa da noite para a mañá e as mulleres (moitas delas) pensan que hai que aprender un pouco máis, tamén pensan que formando parte do equipo de goberno pódese facer bastante. Por propia experiencia podo dicir que por ir en cabeza da lista pelénxan os homes, as mulleres gañamos o posto por ter demostrado valía suficiete.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s