Algas en Ber

Os veciños de Boebre piden ao Concello que retire as algas da praia de Ber. Petición razoábel se temos en conta que noutras praias faise outro tanto. Pero o Concello de Pontedeume, distinguido sempre pola defensa do medio ambiente, contrataca con carteis nos que informa das vantaxes de ter algas na zona de baño. A súa retirada “mecánica ou manual, frecuente, sistemática e indiscriminada pode provocar danos tanto na vexetación, nas aves ou nos crustáceos que as utilizan como alimento como para a fertilidade da zona intermareal”.
Pontedeume enarbora a bandeira a favor dos ecosistemas mariños. A partir de agora as algas non poderán ser usadas como ingrediente gastronómico. Nin como biocombustibeis. Segundo o concelleiro de medio ambiente eumés -próximo doutor honoris causa pola universidade de Santiago- a utilización das algas entraña un dano ecolóxico que debe ser evitado.
Este edil debería aclararnos se aos excrementos -materia orgánica- débeselles dar o mesmo trato de favor que ás algas pois pode ser que os restos fecais que pululan pola praia de Ber completen o ciclo biolóxico necesario para fertilizar os fondos mariños e conseguir maiores cultivos de algas.
Hai que desbotar pois erróneas teorías segundo as cales a desintegración das algas produce a liberación de toxinas que, nalgúns casos, orixinan efectos agudos e crónicos nos humanos, animais e vexetais. Compre pois non prestar atención á proliferación de algas nin á descomposición destas sobre as impolutas areas da preciada praia de Ber. O concelleiro de medio ambiente vela pola hixiene e seguridade dos nosos hábitats.

Xa era hora que a cultura se instalase no noso concello.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

1 Response to Algas en Ber

  1. Asdrúbal di:

    Los técnicos de la empresa Foresga empezaban ayer la limpieza del contaminado embalse de As Conchas, en la Baixa Limia ourensana, vestidos con monos y mascarillas. Con la retirada de las primeras algas putrefactas de la superficie, se han encontrado pequeños peces muertos. Es la primera vez que se tiene constancia de la existencia de animales muertos en el embalse. Dos lanchas de Gas Natural-Fenosa proseguirán con la labor de limpieza durante 15 días.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s