Se ben será o actor Serxio Pazos o preogueiro do feirón debemos aclarar que a primeira persoa na que se pensou para abrir os fastos da nova singularidade eumesa foi Aznar. O expresidente do goberno goza sentíndose un aguerrido Cid Campeador ao que lle pracería tomar posesión das vastas terras do Eume. Pasaría do España vai ben, ao Pontedeume vai mellor. Un personaxe que só confía en si mesmo, como gustaba de repetir, tería no noso alcalde un digno discípulo no que a arrogancia, chulería e impertinencia se refire. De feito, nalgunha ocasión laiouse Torrente da marcha do presidente á vez que facía votos polo seu regreso.
Pontedeume vístese de nobleza e gallardía. Os señores da guerra e lacaios servís poderán emborracharse como as tradicións mandan. Nisto tamén Aznar sentou cátedra: “A min non me gusta que me digan: non pode ir vostede a máis de tanta velocidade, non pode vostede comer hamburguesas de tanto, debe vostede evitar isto e ademais a vostede prohíbolle beber viño”. E despois facer a guerra aos herexes chegados do sur: “Cal é a razón pola que Occidente sempre debe pedir perdón e eles nunca? ¡Eles ocuparon España durante oito séculos!”
Pontedeume será por tres días un espello no que mirarse para curar as frustracións herdadas do pasado. “Estamos traballando niso, dedicamos tempo onte e hoxe pola mañá a traballar niso exactamente
Debe estar conectado para enviar un comentario.