A DEUS POÑO POR TESTEMUÑA…

vizus-centrona.jpgO corazón ten dúas partes fundamentais que rexen o comportamento humano. Se cada unha das aurículas (do prefixo latino auri que significa ouro) se encargan das decisións que atinxen á economía, os ventrículos terían por finalidade guiar ao home na procura da bondade.
Na imaxe que se acompaña pódese apreciar unha serie de vivendas que hai no lugar de Vizús (Centroña). A meirande parte delas son propiedade dun recoñecido evanxelista que conxuga os negocios coas obras piadosas. Un exemplar moi en voga na actualidade  do Homo Deus Promotorus.
Se tanto se fala agora do urbanismo que destroza a costa, poderíase poñer esta imaxe como mostra desa sinrazón. Algúns din de poñer os pés na terra para poder opinar mellor sobre as cousas. A verdade é que ás veces é mellor elevarse e poñerse á altura dalgún deus para poder divisar as agresións que se fan sobre a terra. Vivendas a carón do mar e da vía de ferrocarril. Como se se buscase unha perfecta comunicación co mundo que as rodea. O promotor desta urbanización adoita ter dunha zona auricular moi superior á ventricular. Do que sí pode presumir é dunha envidiábel facilidade para enmascarar baixo un discurso aparentemente solidario, unha feroz depredación  do territorio. Unha especie de ventrílocuo moderno que tenta suplir a falta de ventrículos.
Por se alguén sinte a tentación humana de mercar algunha desas vivendas, que non espere misericordia de Deus. Non se rexeita a posibilidade de que nun futuro próximo o xuizo final condene á demolición estas moles de cemento.

Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

2 Responses to A DEUS POÑO POR TESTEMUÑA…

  1. O outro di:

    Haberiase que preguntar cantas destas vivendas tamen teñen licenza ilegal concedida polo noso ilustre alcalde e comisión de goberno, co informe favorabel do non menos “ilustre” Valiente.
    Polo momento parece que quedaron como agochadas ao outro lado das vias do tren en terra de ninguen, sin dubida xa expedientadas pola Xunta, como si non merecesen o beneficio da publicidade da sua ilegalidade manifesta.
    Quizas ao promotor de algunha delas serialle mellor adicarse unicamente á venda de electrodomesticos e non meterse ao bandolerismo. Pero claro como nesta vila os bandoleiros estan protexidos polo concello ¿que problema hai?.

  2. pablo, jose luis, eva... vecinos de celeiro di:

    bandoleiros sin pistola
    Pero como se pode mentir desta maneira, sen dubida estamos nun pobo, como din vostedes, de bandoleiros, nos que vostedes levan as pistolas agochadas en seudonimos, ese comportamento de infundir e difundir mentiras, saiban, está penado e xa hai una resolución xudicial a blogs coma este por infundir calumnias e deshonras, ata 3 anos de carcel, pregolles rectifiquen, e pidan diculpas ós afectados, xa que como ese veciño meu, comerciante de electrodomesticos, hai outros de xoias e barcos, funcionario do concello de ferrol, así como un labrador de vizus, xoven empresario de santiago… informense.
    Non hai expediente da xunta, nin de costas.
    RECTIFIQUEN

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s