
Só este feito sería abondo para reclamar de novo a recuperación como partido xudicial para Pontedeume. Se contribuimos ás causas penais, por que non ter unha compensación xudicial?
Pero se antes Betanzos era un firme opoñente ás ansias eumesas de conseguir o xulgado de instrución,hoxe aparece un novo inimigo disposto a impedir que Pontedeume disfrute dun privilexio do pasado: o Partido Popular.
Os populares ferroláns acaban de deixar clara a súa postura. Ante a próxima reforma da planta xudicial, Rei Varela (presidente do PP local) criticou a posible recuperación do partido xudicial de Pontedeume. Na súa opinión, «amputaría» parte do territorio natural do ferrolán e afectaría de xeito destacado aos seus intereses.
Se ante Betanzos Belarmino Freire (alcalde entón de Pontedeume) non quixo ofrecer batalla polo partido xudicial, tampouco o fará Gabriel Torrente ante os seus correlixionarios de Ferrol. Cuestión de intereses…partidistas.