A folla parroquial de Pontedeume, da que é director o crego Sr. Raposo, fixo un chamamento ao voto a favor dos partidos compatibeis coa fe e a moral católica. Ergo partido popular
Isto sucedía na pasada xornada de reflexión o que, ademais de ilegal, pódese considerar unha inxerencia na vida política que a Igrexa debería evitar pola súa condición de estamento relixioso.
Tal aposta tivo o seu agradecemento por parte das novas xeracións do partido popular que, lonxe de marcar novos camiños distintos dos trazados polos máis vellos do PP, criticaron abertamente ao alcalde de Fene. Este reprobara a actitude do cura eumés nun blog no que denunciaba a orientación do voto pedido polo padre espiritual dos xoves populares. E os cachorros de Rajoy acusaban ao alcalde fenés, Ivan Puentes, de inxerencia nos asuntos de Pontedeume.
Que Pontedeume é algo distinto, sempre o dixemos. Que o que ocorre en Pontedeume en pocos lugares se dá, tamén. O que non sabiamos era que Pontedeume ten a súa propia soberanía e que os retoños populares, facendo gala dun nacionalismo local sen parangón noutras vilas, teñen a ben defender. Cando aconsellan a Puentes que se adique a gobernar o seu concello estanlle a recordar que os dominios dos Andrade son competencia dos eumeses de ben. Que pasará cos que sendo eumeses de mal nos atrevemos a censurar o comportamento da santa madre igrexa eumesa?
Tanto derecho tienes tu a expresar tu opinion como la Iglesia a expresar la suya. Asi que no pidas respeto si no respetas primero.
Ademas, que mas te da lo que diga la Iglesia, en cada uno esta el “libre albedrio” para decidir a quien votar. No entiendo porque la opinion de la Iglesia pone a todos tan nerviosos.
Saludos cordiales
O das NNXX do PP eumés comeza a ser de reflexión, comezaron o seu blogue dun xeito bastante moderado e caval, pero pouco a pouco foron escorándose cada vez máis cara a radicalidade, sendo agora mesmo unha páxina ultranacionalista española.
Iso por non falar dos ataques personais e da intromisión na vida privada das persoas.